Páginas

sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

A "Culebra Social" da Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra, todo un suceso


Activistas pertencentes a ducias de colectivos veciñais, ecoloxistas e culturais da cidade, agrupados na chamada Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra, moi activos contra os desafiuzamentos, realizaron hoxe unha "culebra social" polos barrios da urbe, para chamar aos cidadáns a secundar a folga xeral convocada o mércores 14N.

Un numeroso grupo de persoas, organizadas na chamada Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra, puxeron en marcha esta mañá unha "culebra social" polos barrios e prazas da cidade para informar á veciñanza das súas reivindicacións e animal@s a sumarse mañá á folga xeral, social e de consumo do 14N, convocada polos sindicatos e apoiada por un amplo abano de organizacións sociais e políticas.

"Somos cidadáns chamando a outros cidadáns a sumarse á folga", clamou un dos portavoces do colectivo polo megáfono durante un momento desta singular protesta que tivo carácter festivo ao son da música de gaitas.

A "culebra social" arrincou ás nove na praza de Armas, diante do Concello e finalizou preto das 13:30 na Praza Amada Garcia, ante a delegación ferrolá da Xunta, tras percorrer os barrios de Esteiro, o mercado de Caranza e a praza do Inferniño.

A "culebra social", recordan, era unha práctica habitual nos estaleiros ferroláns nos sesenta e setenta, e realizábase de taller en taller para informar aos traballadores da situación e "animalos" a sumarse á mobilización, un paro ou a unha folga.

"Moit@s non temos acceso a un centro de traballo para realizar este tipo de asembleas, por iso convertemos a cidade nunha factoría e as prazas en talleres para denunciar a situación actual e dar alternativas a este sistema", resumo @s convocantes.

Desde a plataforma animan aos veciños e veciñas a secundar a folga, non consumir en comercios nin bares, non utilizar o transporte público nin o coche, non levar aos nenos ao colexio nin acudir ás citas médicas e, ademais, reducir ao mínimo o consumo eléctrico, entre outras propostas.

Un carrusel de diapositivos de Susete'70:

Galería de Fotos

Blogue da Asemblea Popular:

http://ferrolterra-folgaxeral.blogspot.com.es/

Fonte: Axencias

A "Culebra Social" nos medios:

El Correo Gallego

La culebra social se desliza por Ferrol, como aperitivo del 14-N Gaitas, panfletos y café para animar a la participación en la huelga general // Micrófono abierto: "É unha incongruencia que os cartos públicos alimenten ás alimañas dos bancos".
|Acceder|

La Voz de Galicia
Ferrol El Movemento Social de Ferrolterra hace una «culebra social» en apoyo de la huelga de mañana Sus miembros caminan por la ciudad llamando al paro.
|Acceder|

Diario de Ferrol
Una marcha social sirvió de preámbulo a la huelga convocada para hoy
|Acceder|
_____________

domingo, 11 de novembro de 2012

Marcha da 'Culebra Social' por Ferrol - Martes 13 de Novembro de 2012 - En apoio á Folga Xeral e da Xornada de Loita Europea do 14N

Clicar acima da imaxe para ampliar

Participa na culebra social en apoio á Folga Xeral e Xornada de Loita europea.

O martes 13 de Novembro ás 9 da mañá na praza de Armas en Ferrol.

Folla Informativa para a difusión da Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á folga xeral e xornada de loita social en Europa

O 14N TOD@S Á FOLGA XERAL, SOCIAL E DE CONSUMO
Participemos na Xornada de Loita Europea

  • Polo reparto da riqueza e do traballo.
  • Por unha economía ao servizo das persoas non dos mercados e especuladores.
  • Por unha renda social básica e universal.
  • Polo dereito á libre circulación das persoas.
  • Nunca máis bancos con casas e xente sen casa.
  • Por unha banca pública.
  • A economía aos servizo das persoas e do medio ambiente.
  • Por uns servizos sociais (sanidade, ensino, servizos sociais, dependencia), sen copago, solidarios, públicos e universais.

sábado, 10 de novembro de 2012

Convocatoria de Rolda de Prensa - Luns 12 de Novembro

PERSOAS VINCULADAS AO MOVEMENTO SOCIAL DE FERROLTERRA CONVOCAN UNHA ROLDA DE PRENSA PARA AMOSAR O SEU POSICIONAMENTO SOBRE A FOLGA XERAL DO VINDEIRO 14 DE NOVEMBRO.

Hoxe, sábado 10 de novembro, de 11 a 14 horas tivo lugar unha Asemblea Popular de persoas activistas do Movemento Social de Ferrolterra (cultural, veciñal, asociativo, ecoloxista e sindical) para configurar unha táctica de apoio activo á Folga Xeral e Xornada de Loita Social do 14N .

Acordos da Asemblea Popular do Movemento Social Ferrol Terra

Celebrada a Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, o Sábado, 10 de Novembro de 2012, ás 11 da mañá, despois de deliberar sobre a convocatoria de Folga Xeral e da Xornada de Loita Europea do 14N, acordou o que segue: